Publicacións

MANIFESTO

  MANIFESTO PASEOLIDARIOS  O proxecto de Paseolidarios nace da idea de compartir os excedentes producidos no CIFP Paseo das Pontes coas persoas que o necesitan, nun contexto especialmente desfavorábel agravado pola crise producida pola Covid-19, e de aportar sostebilidade, un ben ao que todos temos dereito. É urxente un compromiso real coas ONGs para que nunca falten este tipo de axudas. A intención de Paseolidarios é lograr ese compromiso e a colaboración entre alumnado, profesorado e ONGs e, grazas a elo, poder dotar de alimentos e recursos a moitas persoas que o necesitan. Nunca é tarde para dar os pasos necesarios para construír un mundo novo!                                                                                               ...

AS NOSAS RAÍCES

Imaxe
  Non é ningún misterio para nós o feito de que moitos alimentos son desperdiciados diariamente ao redor do globo terrestre, quen non viu nunca no xornal ou, mesmamente, comentado con outra persoa a cantidade de quilos en comida que os supermercados, entre outras superficies refugan ao longo do mes ou ano, e quen non se preguntou xamais o por que disto, se eses produtos ben poderían ser dados a persoas que o necesitasen.  O sector hostaleiro non é estraño a isto, aínda que non sexa o primeiro que veña á cabeza ao pensar en tal tema, pois soamente esta industria xera un doce por cento do total de desperdicios en España, unhas 840.000 toneladas de 7.7 millóns totais en refugallos alimentarios, o cal, para poñer en escala, son 7 mil millóns de paquetes de arroz dun quilo.   Tendo en conta estes datos resulta máis xusto o preguntarse “por qué”, máis cando vivimos nunha época recesiva economicamente e na que moitas persoas e familias atópanse nun estado límite á pobreza....

BENVIDOS A ESTE PROXECTO!

Imaxe
Dámoslle a benvida a este proxecto, no que participa o profesorado e alumnado do centro C.I.F.P Paseo das Pontes, grazas a aprobación do proxecto de innovación educativa " Rede de centros educativos solidarios" dentro do plan proxecta +. Neste blog iremos publicando a orixe e a evolución desta gran iniciativa. A iniciativa consiste en colaborar coas asociacións, co fin de aproveitar todos os excedentes materias e humanos que hai no centro. O alumnado da FP Básica de Ana Veloso xa comezou a participar neste proxecto, creando o logotipo.