AS NOSAS RAÍCES
Non é ningún misterio para nós o feito de que moitos alimentos son desperdiciados diariamente ao redor do globo terrestre, quen non viu nunca no xornal ou, mesmamente, comentado con outra persoa a cantidade de quilos en comida que os supermercados, entre outras superficies refugan ao longo do mes ou ano, e quen non se preguntou xamais o por que disto, se eses produtos ben poderían ser dados a persoas que o necesitasen.
O sector hostaleiro non é estraño a isto, aínda que non sexa o primeiro que veña á cabeza ao pensar en tal tema, pois soamente esta industria xera un doce por cento do total de desperdicios en España, unhas 840.000 toneladas de 7.7 millóns totais en refugallos alimentarios, o cal, para poñer en escala, son 7 mil millóns de paquetes de arroz dun quilo.
Tendo en conta estes datos resulta máis xusto o preguntarse “por qué”, máis cando vivimos nunha época recesiva economicamente e na que moitas persoas e familias atópanse nun estado límite á pobreza. En España un incrible 21% da poboación atópase en estado de risco de pobreza, duplicando os seus números respecto a algúns veciños europeos, e en Galicia un 25,7% de toda a súa poboación; todo isto no pasado ano e presentando un aumento desta porcentaxe respecto a 2019.
Non é seica aínda máis necesario que con esta situación tan preocupante téntese, por todas as medidas posibles, combater tanto desperdicio alimentario, ou simplemente de produto que resulta acabar no lixo, sen ser usado como ferramenta para frear a situación na que viven, e cada vez máis, tantas persoas en España e Galicia.
É aquí onde nos topamos co inconformismo de CIFP Paseo das Pontes, un centro especializado en formación profesional, máis concretamente nos campos da hostalería, a industria alimentaria e o téxtil, que se mostrou remiso a simplemente aceptar estas situacións de extrema dificultade, poñendo toda a carne no asador.
Qué hai máis galego que o aproveitamento? É cultura aquí, en Galicia, frases como “ do porco cómense ata vos andares”, que todo se aproveite para facer un bo caldo, ou que nos doia como unha puñalada no costado tirar comida, xa forman parte da nosa idiosincrasia desde hai séculos, e Paseo das Pontes non ía ser menos. Pois disto trata Paseolidarios, a nova iniciativa do centro, que pretende ser un plan solidario co fin de aproveitar ata a última faragulla tanto do material como o persoal, ofrecendo, a calquera que o necesite, o excedente que xeramos para que así poida ser totalmente aproveitado no canto de terminar nas bolsas de lixo.
A cantidade de refugallos e excedentes, ao tratarse dun centro que trata comida e téxtil, sempre foi un problema de alta concienciación tanto como para o profesorado como para os propios alumnos, e esta idea procura liquidalo dunha plumada. Pero non só estamos a falar de bolsos e guisos, o centro fala tamén de espremer ese excedente humano, esa paixón ou esa maña que calquera alumno podería ter fóra desas catro paredes, agora serán requiridas para formar parte do “banco de tempo”, un punto de reunión onde o alumno poderá demostrar que pode ofrecer ao sociedade, de forma completamente desinteresada.
En canto ao excedente material, algúns cursos mesmo están a xerar aínda máis excedente para poder doalo a certas organizacións, porque Paseolidarios acaba de nacer, pero non se detén. Traballa xa con asociacións como Casco, (Comité Anti Sida dá Coruña), BoaNoite, unha organización de voluntariado que axuda a xente sen teito ou Mulleres Colleiteiras, espazo dedicado a mulleres en situación de exclusión social.
Todo isto é con todo a punta do iceberg, o alumnado e profesorado relacionado con esta acción vese ao cento por cento con isto, e non pensan deixar pasar a oportunidade de demostrar de que carne están feitos e feitas poñendo todo do seu parte para aliviar a situación de miles de persoas.
AUTOR: Duarte Oliveira, Alejandro Rodríguez 2ºCOGA B
Comentarios
Publicar un comentario