AS NOSAS RAÍCES
Non é ningún misterio para nós o feito de que moitos alimentos son desperdiciados diariamente ao redor do globo terrestre, quen non viu nunca no xornal ou, mesmamente, comentado con outra persoa a cantidade de quilos en comida que os supermercados, entre outras superficies refugan ao longo do mes ou ano, e quen non se preguntou xamais o por que disto, se eses produtos ben poderían ser dados a persoas que o necesitasen. O sector hostaleiro non é estraño a isto, aínda que non sexa o primeiro que veña á cabeza ao pensar en tal tema, pois soamente esta industria xera un doce por cento do total de desperdicios en España, unhas 840.000 toneladas de 7.7 millóns totais en refugallos alimentarios, o cal, para poñer en escala, son 7 mil millóns de paquetes de arroz dun quilo. Tendo en conta estes datos resulta máis xusto o preguntarse “por qué”, máis cando vivimos nunha época recesiva economicamente e na que moitas persoas e familias atópanse nun estado límite á pobreza....